Instalouse en Ribadeo en 1784 e fundou a Real Compañía Marítima, para comerciar co norte de Europa, impulsando así a industrialización da zona. Creou unha fábrica de fundición de ferro en Sargadelos, máis tarde una en Navarra. En 1804 creou a fábrica de cerámica de Sargadelos na que tamén se fabricaban armas. Dió un gran impulso ao comercio e introduciu en Europa varias innovacións tecnolóxicas para as súas fábricas. Tiña proxectado crear tres fábricas máis: unha de vidro, outra de cobre e outra téxtil. O que demostra o seu carácter emprendedor. En Ribadeo casou e tivo 9 fillos
FALEMOS UN POUCO DEL...
![]() |
| Cenador y palomar del Pazo de Sargadelos en 1956. |
Cando os soldados de Fournier entraron en Ribadeo e proclamaron rei a José Bonarte, a Xunta de Ribadeo adoptou unha actitude máis ben sumisa, pero que moi ben pode interpretarse como unha manobra intelixente cuxo esencial obxectivo era evitar mortes porque, naquel momento, enfrontarse aos franceses significaba o suicidio seguro. Trataríase así pois máis dunha táctica que dun posicionamento político afrancesado
Despois daquela exemplar execución, a multitude saqueou o pazo dos Ibáñez e detivo á súa familia. A súa esposa, Josefa López Acevedo, faleceu aos poucos días, e contan que unha das súas fillas volveuse tola. O cadáver do marqués permaneceu varias horas, espido e esnaquizado, no lugar do linchamento, ata que foi levantado por Marcos Fernández e Francisco Castro, quen o entregou aos frades do convento de San Francisco, que o enterrarían clandestinamente na propia igrexa

No hay comentarios:
Publicar un comentario