
NACEMIENTO
Naceu en ferrol en Galicia en 1820, foi unha lenda como muller, diplomada en dereito, xornalista, poeta, autora dramática. Foi a primeira muller en asistir a Universidade española, en 1842, se vistió de hombre para poder asistir a Universidade Complutense de Madrid.
En 1848 se casou con Fernando García Carrasco ,avogado,peridoista, e foi liberal.
INFANCIA E XUVENTUDE
Despois da morte do seu pai, a nai de Concepción xunto coas súas fillas: Antonia e Concepción trasládanse a Madrid en 1824, a terceira filla Luisa morrera. Un ano despois da morte da súa nai, en 1842, Concepción vístese de home para poder asistir á Universidade Complutense de Madrid e tomar clases na Facultade de Dereito. Na universidade, Concepción coñece ao home que logo sería o seu marido.
VIDA MATRIMONIAL
En 1848, Concepción Arenal casou con Fernando García Carrasco, home capáz de entender e aceptar a actitude combativa de Concepción ante as inxustizas da súa época. Ao momento de casar, Concepción Arenal conta con vinte e oito anos e o seu esposo corenta. Fernando García Carrasco era avogado, xornalista e liberal. A parella ten varios fillos, pero morren a temperá idade. Só quedará un fillo, Fernando García Arenal, que se fixo enxeñeiro de Camiños, Canles e Portos, unha carreira progresista daquela época (1875). Durante o seu matrimonio, os esposos gáñanse a vida escribindo para o xornal A Iberia, onde Fernando chega a ser editorialista e redactor. En xaneiro de 1857 Fernando García morre, e Concepción Arenal decide trasladarse a Oviedo e posteriormente a Portes, capital do val de Liébana.
VOCACIÓN FEMINISTA
Concepción Arenal dedicou a súa pluma á reivindicación das situacións marxinadas; escribiu para que a lesen, para que a entendesen, para que os seus lectores participasen nos seus ideais. Un dos aspectos máis progresistas de Concepción Arenal é a súa consideración da muller como ser humano marxinado a quen hai que axudar, estimular e respectar, non en rendicións galantes, nin en modais encantadores e protectores, senón educándoa na dignidade da súa propia condición. Como escritora, Concepción Arenal elixiu o xénero e os medios máis accesibles aos lectores: o xénero epistolar e o folletín. As obras que presentan esta vocación de Concepción Arenal son: A muller do porvir,A educación da muller, O estado actual da muller en España, O traballo das mulleres, A muller da súa casa, e O servizo doméstico.
No hay comentarios:
Publicar un comentario