¿QUE É A GUERRA IRMANDIÑA?
Foi unha revolta social que tivo lugar en Galicia entre 1467-1469, se din que foi a maior revolta europea durante todo o século XV.
¿CÓMO COMENZOU?
Comezou na primavera de 1467 en Galicia , nunha situación de conflito social (fame, e abusos por parte da nobreza galega) e político (guierra civil en Castela)
ANTECEDENTES.

A gran guerra irmandiña de 1467 estivo precedida de múltiples revoltas en certas zonas e localidades. Segundo algúns historiadores, como Carlos Barros Guimeráns, a primeira revolta organizada como Irmandade na Baixa Idade Media galega é a de 1418-1422 en Santiago de Compostela.
A Irmandade Fusquenlla tivo lugar en 1431, con Roi Xordo á fronte, nas terras dos Andrade.
Xurdiu máis tarde, en 1451, a "primeira irmandade" nas rías de Pontevedra e Arousa. Despois xurdiron as irmandades da Coruña e Betanzos, seguidas das de Santiago de Compostela, Muros e Noia de 1458.
EVOLUCIÓN DA REVOLTA
Nos principios da primavera chegou a revolta xeral, cando as Xuntas das Irmandades, organizadas en tódalas comarcas galegas, lanzaron a consigna contra as fortalezas, símbolo do acoso señorial.
As columnas irmandiñas, que unha testemuña do preito Tabera - Fonseca cifra en oitenta mil omes, comezaron a percorrer as comarcas, e coa forza do seu número e o auxilio de trabucos, bombardas e outras armas, acabaron rendendo a gran maioría dos castelos e fortificacións galegas.
A revolta estaba encabezada por persoeiros relevantes, incluídos cabaleiros e fidalgos, mesmo parte da aristocracia urbana.[9] Entre eles destacaron desde o principio Alonso de Lanzós, que loitou na zona de Betanzos e no bispado de Mondoñedo, Pedro Osorio na área de Compostela, e Diego de Lemos, no sur de Lugo e en Ourense, e Lopo Mariño de Lobeira. Como data simbólica, o 25 de abril de 1467 foi arrasada a primeira fortificación, o Castelo Ramiro, preto de Ourense. A sorpresa do ataque foi decisiva no triunfo irmandiño, así como o total abandono dos vasalos ós señores e, por tanto a falta de apoio destes para se defender, volvéndose vas as tentativas da nobreza por resistir.
ESTRUCTURA DO ARMAMENTO.
Contaban con experiencia militar previa nos exércitos feudais, e tiñan armas nas súas moradas. A infantería e a escasa cabalería das milicias usarían as mesmas armas que os exércitos señoriais. Ademais diso, as vilas contaban con armeiros que as fabricaban.
A VITORIA.
A vitoria irmandiña foi rápida e completa. Os autores máis próximos a estes acontecementos relatan a lista de castelos, fortificacións, simples torres ou casas fortes que foron total ou parcialmente derrubadas.
Descoñécense cantas fortificacións foron entregadas pacificamente á Irmandade e cantas deberon ser tomadas pola forza. Nas declaracións do preito Tabera - Fonseca indícase que os irmandiños arrasaron mesmo fortificacións de cabaleiros participantes ou simpatizantes da Irmandade, e non só fortificacións dos señores, senón tamén casas-fortes de fidalgos.
Destaca a aparente resolución irmandiña de non se vingar nos señores derrotados e fuxidos, algúns deles escondidos en mosteiros e casas de antigos vasalos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario