jueves, 5 de mayo de 2016

Pepa a Loba








  Pepa A Loba,é  un dos nosos mitos femininos máis sobresalientes, que aínda se debate, como todos os mitos, entre a lenda e a realidade; un modo tópico de mesturar ficción con historia nesta Galicia Única.
Escoitei falar do personaxe a don Vicente Risco.

     Paseaba polos xardíns unha rapariga espléndida. Desas que don Vicente contemplaba sen disimulos. De arriba abaixo. Sobre todo cando as calores do verán deixaban ao descuberto algúns dos belos atributos femininos,  aos que as mozas ourensás da época sempre sabían sacarlle moito partido:

    - Moi fermosa, pero coidado, debe ser tan altiva como Pepa A Loba?


                                      


E a cambio doutro café, don Vicente contounos a verdadeira historia de Pepiña, unha nena orfa nada a finais do século XIX nun lugar chamado Moedo que ninguén foi nunca capaz de situar

      - Pepiña era filla de nai solteira e quizais dun veterinario violador, ou mesmo que voltou a violala na presenza dá neniña. Coma consecuencia de aquil segundo atropelo, a nai de Pepiña quedou preñada e logo morreu de parto

      A realidade di que Pepiña, a orfa, levou a partir da morte da súa nai unha vida ruin e complicada, xa que quedou a cargo dela unha tía súa, Dorinda, en grao sumo parecido á madrasta de Blancanieves.

      Pepiña converteuse en Pepa a pastora,  aos doce anos e foi a esa idade cando se acrecentou a lenda.

      Contaba Risco:

        Un día, Pepa defendéu do lobo fero as suas ovellas e, axudada polo seu can,  deu morte ou animal que tentaba atacar ou rabaño Así naceu Pepa A Loba! Ainda que ou alcume venlle pola Serra dá Loba?

      A súa tía presume entón de sobriña valente, pero Pepiña abandónaa e vaise a traballar nunha tenda de ultramarinos,  cun irmán daquel veterinario que supoñía era o seu pai. Aquel home non só acolle á nena baixo a súa tutela se non que  a nomea herdeira.

      Pero prodúcese un feito que cambia, outra vez, toda a vida de Pepa

No hay comentarios:

Publicar un comentario