jueves, 5 de mayo de 2016

¡ Miña Galicia querida !


Moita xente ten grandes prexuízos sobre Galicia, que se somos persoas tristes, indecisas, paletos, ou tamén que só bebemos cervexa... e asi moitas cousas máis, pero non, non todos os galegos somos así!.








É verdade que poida que abunden máis persoas de comportamento triste, que en lugar habitualmente asollado, como Canarias, pero hai algo que talvez a xente que non é de galicia descoñecen como o Club da Comedia ou  temas dos monologuistas. Pois moitos, e algúns dos mellores, son galegos. Alá onde imos somos os reis do mambo.



Que somos persoas indecisas? Pois non, non é do todo correcto. Non é indecisión. O que pasa é que talvez lle damos algunhas voltas ás cousas, pero logo imos a matar con esa decisión.es que nós apechugamos coas nosas decisións, para ben ou para mal.



Que tamén somos ``paletos¨? Pois non, NON o somos, poñamos de exemplo dun ``paleto´´ como dirian. Concepción Arenal foi unha  pioneira do movemento feminista en España, que con dous collóns vístese de home  para asistir como oínte á Facultade de Dereito en Madrid; primeira muller premiada nun concurso literario da Academia de Ciencia e Morais Políticas.


Que bebemos moita cervexa? POIS CLARO! Somos celtas! Somos xente ruda do norte! E bebemos en cornos de touro,pelexámonos a coitelo polo último anaco de venado? outro estigma que levamos os galegos encima.





Galicia é unha terra chea de mitos e lendas. É o lugar onde as meigas acubíllanse e os peregrinos buscan paz ao final do seu camiño. Galicia é bela porque si. Verde, azul e misteriosa, é unha comunidade para perderse en recunchos dispares.

E como din unha imaxe vale mais que mil palabras...


Catedral de santiago de compostela
A bonita e encantadora cidade de Santiago, a magnífica e opulenta fachada do Obradoiro, a porta das Praterías e como non? o mítico Botafumeiro. O Botafumeiro era usado na Idade Media como instrumento de purificación e, de paso, escorrentaba os malos cheiros que se concentraban na catedral polo paso de peregrinos e demais seres que se congregaban na catedral.


playa de las catedrales lugoAtópase ao norte da provincia de Lugo, entre Foz e Ribadeo. Os arcos e as bóvedas que salpican a area desta praia locen desgastados polo vento e a auga lembrando que un día foron cantiis vertixinosos devorando este lugar.



Sucede na desembocadura do río Xallas, aínda que a auga está regulada por unha represa, polo que a caída de auga ten horarios acoutados segundo estean abertas as comportas










No hay comentarios:

Publicar un comentario