martes, 29 de marzo de 2016

SOFÍA CASANOVA

IES.Sofía Casanova (Ferrol)



A vida e obra da galega Sofía Casanova foron case descoñecidas até agora. Quizás o único que dela se sabe e a existencia dalgún centro de ensino a ela dedicado, e pouco máis. Como muller e galega, cómpre recuperar a súa memoria histórica.





Nace o día 30 de setembro de 1861 na rúa de Santo André da Coruña.
Moi nova trasládase, xunto coa súa familia, a Madrid, para poder estudar e formarse, con 15 ou 16 anos frecuenta varios dos faladoiros na capital do Estado, onde xa se pon de manifesto a súa sede de coñecemento e de saber. Será nestes círculos onde coñeza ao profesor, filósofo e diplomático polaco Vicente Lutoslaswki, co que vai casar e muda a súa residencia a Polonia; mais a parella e a súa familia viaxarán cada ano a Galiza durante o período de verán, o que lle vai permitir a Sofía manter unha relación directa coa súa terra. 
Os seus desprazamentos continuos, como consecuencia da carreira diplomática do seu home, combínaos co seu traballo de xornalista e co seu estudo dos idiomas dos países onde reside, o que lle vai permitir dominar 8 linguas diferentes, incluída a súa, é dicir, o galego. 






Esta actividade por toda Europa vaille permitir tamén vivir acontecementos como a loita das sufraxistas en Inglaterra, o desenvolvemento do sindicalismo, a formación do Partido Bolxevique na Rusia tsarista e, sobre todo, as dúas guerras, a Primeira e a Segunda Guerra Mundial. Sofía Casanova vai traballar como xornalista enviando crónicas desde as frontes de batalla para o diario ABC, onde as hemerotecas sinalan a entrega de 860 artigos neste xornal e 200 noutras publicacións. Deste xeito, Sofía Casanova vai ser a segunda muller correspondente de guerra do xornalismo español.Durante a Revolución Soviética, fíxolle unha entrevista a Trotsky, un dos líderes bolxeviques. Vai tomar postura claramente durante a sublevación militar franquista de 1936 a favor dos sublevados, enviando como intelectual e xornalista o seu apoio a Franco. Na Segunda Guerra Mundial, vai denunciar a persecución dos xudeus polo réxime nazi no gueto de Varsovia. Isto vaille traer problemas de traballo co xornal ABC.

Unha das portadas do diario ABC na época na  que Sofía traballa como corresponsal de guerra para eles.

Cando nace a Real Academia Galega en 1906, Sofía Casanova xa tiña traballo e recoñecemento a nivel mundial, o que motivou que fose nomeada membro correspondente deste organismo e que no ano 1952 se lle conceda por unanimidade o título de académica de honra.


Durante a Primeira Guerra Mundial, colaborará como enfermeira voluntaria para a Cruz Vermella en Varsovia. Volta a Galiza no ano 1919 completamente arruinada e case cega aínda que xa, desde o ano 1896, durante unha das súas estadías longas en Mera (Oleiros)

  
 En 1938, visita A Coruña e a súa aldea por última vez; comeza nesta época a etapa máis dura da súa vida como consecuencia da ocupación nazi do territorio polaco e da Segunda Guerra Mundial. Sofía vai morrer en Polonia, máis concretamente na vila de Poznan, o 16 de xaneiro de 1958.



     Largometraxe documental sobre Sofía Casanova, escritora e corresponsal da guerra galega que presenció e narró os acontecementos bélicos do siglo XX.













No hay comentarios:

Publicar un comentario