miércoles, 30 de marzo de 2016

El descuartizador de Betanzos


PRINCIPAIS AUTORES

Resultado de imagen de Prado Riveiro
Antonio Prado Riveiro.
Antonio Prado Riveiro, o autor deste crimen de Betanzos encontrase encarcerado por matar e descortizar a unha parella de amigos para roubarlles diñeiro e a súa furgoneta, acusa agora á súa noiva de planear o crime e axudarlle a perpetralo.
Prado Riveiro atópase encarcerado en Teixeiro, onde foi trasladado desde a prisión asturiana de Villabona, onde escribiu unha carta, na que recoñece o asasinato, no que por primeira vez implica á súa noiva.


Adriana Amenedo


Adriana Amenedo, que tamén está en prisión pola súa implicación na mortes dos dous mozos de Betanzos cuxos cadáveres descortizados foron localizados o pasado mes de setembro nunha canteira de Covas, en Ferrol, planearía e participaría nos asasinatos, segundo confesa agora a súa parella.









¿ COMO PASOU TODO ?

Unha muller paseaba co seu fillo (un menor) por unha zona agreste de Ferrol, Na habitual camiñada, esta veciña divisou algo estraño de lonxe, e cando se achegou para ver de que se trataba comprobou que era un bidón cheo de auga do que asomaba un anaco de perna humana enseguida deu aviso ás Forzas de Seguridade, que comezaron as investigacións. Pouco despois, axentes da Policía completaban o resto do macabro crebacabezas: dous corpos desmembrados (seccionados pola cintura, con cabeza e tronco separados) e repartidos entre o cubo e unha maleta vella.
Axentes da Garda Civil examinan a casa onde foron asasinados




 Tratábase dos dous raparigos que  foron asasinados. O crime foi recente, dado que aínda non empezara o proceso de descomposición. As vítimas foron identificadas como Claudia Alejandra Castrelo Castro, de 25 anos, natural de Buenos Aires, e José Manuel Gómez Rodrigo, de 37 e oriúndo de París. Nas súas mortes houbo un brutal ensañamiento,foron asasinados o pasado 5 de setembro na súa casa de Betanzos, desde onde os dous detidos trasladaron os cadáveres ata Covas.



A parella foi detida en Ribadeo o 10 de setembro, apenas cinco días despois de cometer o crime, cando ambos viaxaban na furgoneta das súas vítimas acompañados do seu fillo de oito meses.
Adriana foi arrestada no acto polos gardas civís que seguían a súa pista. Manuel Antonio logrou fuxir do control policial, pero foi capturado un día despois nas inmediacións da fronteira asturiana. Inicialmente o mozo admitiu cometer o crime tras discutir co seu amigo pola compra dun coche e exculpou á súa parella, á que agora implica nos asasinatos en calidade de "cerebro".
O procesado cambiou semanas despois, do crime, a súa versión dos feitos. "Por motivos persoais que non veñen ao caso, decidín colaborar coa xustiza", asegura o imputado na misiva. Os feitos que describe coinciden coas sospeitas e as investigacións que realiza a Policía Nacional. Prado Riveiro non só culpa agora á súa noiva de complicidade nas mortes, senón que na carta que escribiu en prisión tamén desvelou o lugar no que ambos esconderan unha maleta con diñeiro e algúns obxectos subtraídos nos seus últimos roubos.
O criminal facilitou datos precisos que permitiron á policía localizar parte do botín. Estaba oculto nun monte próximo a Betanzos.A maleta co diñeiro non foi recuperada.



 

No hay comentarios:

Publicar un comentario