Din que Galicia é o país dos mil ríos e tamén das mil festas. Unha afirmación esta que ninguén parece poñer en dúbida. Auga abundante e festas populares é algo do que, de momento, podemos presumir na nosa comunidade. En canto aos festexos, que sexan os mellores de España xa se trata doutro cantar.
1.FESTA DA DORNA EN RIBEIRA.
Esta festa irrompeu no ano 1948 como unha broma que un grupo de amigos quixo gastar aos seus veciños pode presumir, na actualidade, de ser unha das festas con máis arraigamento popular, participación e diversión de toda Galicia.
A parroquia de Santa Uxía, localizada no muncipio de Riveira na provincia da Coruña, celebra esta festa para honrar ás embarcacións de pesca tradicional da ría. Son as chamadas "dornas", as cales participan de regatas. Ademais, ten lugar un certame de versos coa participación de danzas e coros.A identidade da festa dálla a cantidade de mozas que participan na súa organización, tendo esta un carácter un tanto pelicular, pois as actividades realízanse para quen quere gozar delas.
2. NOITE DE SAN JUAN
O 23 de xuño, celébrase a máxica noite de San Juan, festa antiquísima que celebran todas as culturas, coa que se sinala a entrada do verán, o momento de máxima luz solar, o día máis longo do ano.
A Noite de San Juan compostelá é similar á do resto de Galicia, a non ser polo entusiasmo que os cidadáns e, en particular os estudantes universitarios, poñen a esta noite máxica. A cidade énchese esa noite de fogueiras,que os composteláns saltan para escorrentar a bruxería e o mal de ollo das ?meigas?.
Nas rúas e prazas da cidade cheira esa noite á lume, pero tamén a sardiñas, que no mes de xuño están na súa mellor época, e que se asan ao aire libre sobre as ?cacharelas? e que se serven con viño tinto e empanada.
3.FESTA DA AUGA
Festa popular celebrada o día 16 de agosto en Vilagarcía de Arousa. A festa, narran os seus veciños, nace de maneira espontánea cando un ano os veciños, debido á calor do mes de agosto «e tamén pouco por facer a graza», comezaron a reclamar auga ás casas. Cando a primeira casa atendeu a petición, xurdiu a celebración. Foi declarada unha festa anual de interese turístico.
4.FESTA DO PULPO DE CARBALLIÑO
Símbolo de Galicia, o polbo centra o interese desta celebración gastronómica, unha das máis multitudinarias e características da Comunidade. Celébrase cada segundo domingo de agosto no Parque Municipal da vila e goza do privilexio de ser considerada desde 1969 Festa de Interese Turístico. Comezou como unha actividade máis dentro das festas patronais de San Cibrán por iniciativa dun grupo de amigos, pero pronto adquiriu identidade propia e fama en toda Galicia.
5.DESEMBARCO VIQUINGO DE CATOIRA:
6.FESTA DO ALVARIÑO










