domingo, 15 de mayo de 2016

¡ As mellores festas de Galicia !





Din que Galicia é o país dos mil ríos e tamén das mil festas. Unha afirmación esta que ninguén parece poñer en dúbida. Auga abundante e festas populares é algo do que, de momento, podemos presumir na nosa comunidade. En canto aos festexos, que sexan os mellores de España xa se trata doutro cantar.

1.FESTA DA DORNA EN RIBEIRA.

Esta festa irrompeu no ano 1948 como unha broma que un grupo de amigos quixo gastar aos seus veciños pode presumir, na actualidade, de ser unha das festas con máis arraigamento popular, participación e diversión de toda Galicia.
A parroquia de Santa Uxía, localizada no muncipio de Riveira na provincia da Coruña, celebra esta festa para honrar ás embarcacións de pesca tradicional da ría. Son as chamadas "dornas", as cales participan de regatas. Ademais, ten lugar un certame de versos coa participación de danzas e coros.A identidade da festa dálla a cantidade de mozas que participan na súa organización, tendo esta un carácter un tanto pelicular, pois as actividades realízanse para quen quere gozar delas.

2. NOITE DE SAN JUAN

Resultado de imagen de san juan en galicia
O 23 de xuño, celébrase a máxica noite de San Juan, festa antiquísima que celebran todas as culturas, coa que se sinala a entrada do verán, o momento de máxima luz solar, o día máis longo do ano. 
A Noite de San Juan compostelá é similar á do resto de Galicia, a non ser polo entusiasmo que os cidadáns e, en particular os estudantes universitarios, poñen a esta noite máxica. A cidade énchese esa noite de fogueiras,que os composteláns saltan para escorrentar a bruxería e o mal de ollo das ?meigas?. 
Nas rúas e prazas da cidade cheira esa noite á lume, pero tamén a sardiñas, que no mes de xuño están na súa mellor época, e que se asan ao aire libre sobre as ?cacharelas? e que se serven con viño tinto e empanada.

3.FESTA DA AUGA 

Resultado de imagen de festa del agua vilagarcía 2014
Festa popular celebrada o día 16 de agosto en Vilagarcía de Arousa. A festa, narran os seus veciños, nace de maneira espontánea cando un ano os veciños, debido á calor do mes de agosto «e tamén pouco por facer a graza», comezaron a reclamar auga ás casas. Cando a primeira casa atendeu a petición, xurdiu a celebración. Foi declarada unha festa anual de interese turístico.

4.FESTA DO PULPO DE CARBALLIÑO

Símbolo de Galicia, o polbo centra o interese desta celebración gastronómica, unha das máis multitudinarias e características da Comunidade. Celébrase cada segundo domingo de agosto no Parque Municipal da vila e goza do privilexio de ser considerada desde 1969 Festa de Interese Turístico. Comezou como unha actividade máis dentro das festas patronais de San Cibrán por iniciativa dun grupo de amigos, pero pronto adquiriu identidade propia e fama en toda Galicia.


5.DESEMBARCO VIQUINGO DE CATOIRA:

Resultado de imagen de 5.DESEMBARCO VIKINGO DE CATOIRA:Con máis de cincuenta edicións ás súas costas, esta multitudinaria festa declarada de Interese Turístico Nacional dramatiza do Desembarco Viquingo e a Defensa das Torres de Oeste. Montados en barcos viquingos ou drakkar -do século XI- os invasores aproxímanse á costa para tomar as Torres do Oeste. Os locais ofrecen resistencia dando unha batalla intensa protagonizada polo viño. Ten lugar o primeiro domingo do mes de agosto na localidade pontevedresa de Catoira.


6.FESTA DO ALVARIÑO 

Resultado de imagen de FESTA DO ALBARIÑOÉ a festa vinícola máis antiga de Galicia, a segunda de España e está dentro do conxunto de Festas de Interese Turístico Nacional. A orixe desta festa foi un desafío no ano 1953 de Bernardino Quintanilla ao seu amigo Ernesto Zárate para demostrar cal era o mellor albariño da colleita de 1952. Celébrase o primeiro domingo do mes de agosto en Cambados e dura cinco días.



jueves, 5 de mayo de 2016

Pepa a Loba








  Pepa A Loba,é  un dos nosos mitos femininos máis sobresalientes, que aínda se debate, como todos os mitos, entre a lenda e a realidade; un modo tópico de mesturar ficción con historia nesta Galicia Única.
Escoitei falar do personaxe a don Vicente Risco.

     Paseaba polos xardíns unha rapariga espléndida. Desas que don Vicente contemplaba sen disimulos. De arriba abaixo. Sobre todo cando as calores do verán deixaban ao descuberto algúns dos belos atributos femininos,  aos que as mozas ourensás da época sempre sabían sacarlle moito partido:

    - Moi fermosa, pero coidado, debe ser tan altiva como Pepa A Loba?


                                      


E a cambio doutro café, don Vicente contounos a verdadeira historia de Pepiña, unha nena orfa nada a finais do século XIX nun lugar chamado Moedo que ninguén foi nunca capaz de situar

      - Pepiña era filla de nai solteira e quizais dun veterinario violador, ou mesmo que voltou a violala na presenza dá neniña. Coma consecuencia de aquil segundo atropelo, a nai de Pepiña quedou preñada e logo morreu de parto

      A realidade di que Pepiña, a orfa, levou a partir da morte da súa nai unha vida ruin e complicada, xa que quedou a cargo dela unha tía súa, Dorinda, en grao sumo parecido á madrasta de Blancanieves.

      Pepiña converteuse en Pepa a pastora,  aos doce anos e foi a esa idade cando se acrecentou a lenda.

      Contaba Risco:

        Un día, Pepa defendéu do lobo fero as suas ovellas e, axudada polo seu can,  deu morte ou animal que tentaba atacar ou rabaño Así naceu Pepa A Loba! Ainda que ou alcume venlle pola Serra dá Loba?

      A súa tía presume entón de sobriña valente, pero Pepiña abandónaa e vaise a traballar nunha tenda de ultramarinos,  cun irmán daquel veterinario que supoñía era o seu pai. Aquel home non só acolle á nena baixo a súa tutela se non que  a nomea herdeira.

      Pero prodúcese un feito que cambia, outra vez, toda a vida de Pepa

¡ Miña Galicia querida !


Moita xente ten grandes prexuízos sobre Galicia, que se somos persoas tristes, indecisas, paletos, ou tamén que só bebemos cervexa... e asi moitas cousas máis, pero non, non todos os galegos somos así!.








É verdade que poida que abunden máis persoas de comportamento triste, que en lugar habitualmente asollado, como Canarias, pero hai algo que talvez a xente que non é de galicia descoñecen como o Club da Comedia ou  temas dos monologuistas. Pois moitos, e algúns dos mellores, son galegos. Alá onde imos somos os reis do mambo.



Que somos persoas indecisas? Pois non, non é do todo correcto. Non é indecisión. O que pasa é que talvez lle damos algunhas voltas ás cousas, pero logo imos a matar con esa decisión.es que nós apechugamos coas nosas decisións, para ben ou para mal.



Que tamén somos ``paletos¨? Pois non, NON o somos, poñamos de exemplo dun ``paleto´´ como dirian. Concepción Arenal foi unha  pioneira do movemento feminista en España, que con dous collóns vístese de home  para asistir como oínte á Facultade de Dereito en Madrid; primeira muller premiada nun concurso literario da Academia de Ciencia e Morais Políticas.


Que bebemos moita cervexa? POIS CLARO! Somos celtas! Somos xente ruda do norte! E bebemos en cornos de touro,pelexámonos a coitelo polo último anaco de venado? outro estigma que levamos os galegos encima.





Galicia é unha terra chea de mitos e lendas. É o lugar onde as meigas acubíllanse e os peregrinos buscan paz ao final do seu camiño. Galicia é bela porque si. Verde, azul e misteriosa, é unha comunidade para perderse en recunchos dispares.

E como din unha imaxe vale mais que mil palabras...


Catedral de santiago de compostela
A bonita e encantadora cidade de Santiago, a magnífica e opulenta fachada do Obradoiro, a porta das Praterías e como non? o mítico Botafumeiro. O Botafumeiro era usado na Idade Media como instrumento de purificación e, de paso, escorrentaba os malos cheiros que se concentraban na catedral polo paso de peregrinos e demais seres que se congregaban na catedral.


playa de las catedrales lugoAtópase ao norte da provincia de Lugo, entre Foz e Ribadeo. Os arcos e as bóvedas que salpican a area desta praia locen desgastados polo vento e a auga lembrando que un día foron cantiis vertixinosos devorando este lugar.



Sucede na desembocadura do río Xallas, aínda que a auga está regulada por unha represa, polo que a caída de auga ten horarios acoutados segundo estean abertas as comportas










lunes, 11 de abril de 2016

Dentro de 30 años...



Nunca se sabe que vai pasar mañá nin en 10 anos e moito menos en 30 anos, pero se podemos predicir acontecementos que poden pasar por medios de estudos científicos  aínda que non serían teorías realmente certas.

Cando sexa 2046 eu terei corenta e oito anos, a miña vida cambiaría tanto como a contorna que me rodee, así como un posible aumento do quecemento global.
Os meus plans nun futuro tan afastado como o 2046 será realizar todos os meus propósitos que teño en mente, así como viaxar, ter fillos ou un bo traballo, espero que nese ano non seguir vivindo en Galicia, non porque me tratará mal este lugar nin moito menos xa que practicamente toda a miña vida e os meus recordos quedan por lugares de Galicia pero sobre todo aquí en Ferrol, pero una das cousas que fai irme de Galicia é o clima xa que non me gusta aínda que á fin e ao cabo acabeime afacendo ,espero irme a un sitio onde o clima sexa mais caloroso así como o lugar onde nacín en Ecuador, gustaríame pasar alí o resto da miña vida ata o día que me morra.
Por outra banda  seguro que acabarei visitando o lugar onde crecín , virei visitar a amigos que preferiron quedar aquí mesmo a algúns familiares que igual seguen aquí ou emigraron a Ecuador.
 
Dentro de 30 anos imaxínome a unha Galicia diferente, onde a tecnoloxía cambiaría demasiado e polo que fará cambiar á poboación galega a xente estará máis influída pola tecnoloxía, gustaríame saber como sera a situación económica xa que talvez máis adiante crearán maquinas que realizarán o traballo doutras persoas, por outra banda  tamén me imaxino que haberá cura para aquelas enfermidades que a día de hoxe non existe medicamento que a cure así como o cancro, pero igual aparecerán mais enfermidades diferentes que terán que buscar o medicamento final, así como tantas cousas gustaríame saber que pasará pero que só me podo imaxinar, pero o que non me gustaría que cambie de Galicia é a súa paisaxe verde e que a xente que viva nun futuro sáibao coidar mellor que nós o facemos.