A CULTURA CASTREXA NO MAÍS PROFUNDO
Que é un castro?
Poboados fortificados nos que en tempo de guerra refuxiábanse os antigos habitantes de Galicia. Teñen unha dimensión máxica, xa que ao estar en zonas altas críase que facilitaban o contacto co ceo, e co máis aló.
Para que servian?
Servían tanto para protexerse de inimigos externos como para controlar aos residentes.
Estructura dos castros.
Atópanse estruturas de tres tipos:
Terrapléns. Desniveis no terreo formados por terra e pedra, que poden ser naturais. Son a base das defensas e habitualmente proveñen dos cascallos das obras fundacionais no interior.
Parapetos. Elevacións artificiais do terreo nos puntos máis desprotexidos (entradas e zonas chairas).
Fosos. Gabias alargadas e profundas, xeralmente asociadas aos parapetos, que poden estar escavados en terra ou roca viva.
Murallas. Defensas de mampostería de tipoloxía variada, por exemplo, dous muros paralelos de pedras cun recheo de pedra. Desde o interior subíase a eles mediante escaleiras de madeira, lajas encastradas, ramplas ou pedras. Poden existir torres defensivas nos accesos ás portas. Adoitan elementos tardíos, aínda que as murallas modulares que presenta case unha decena de castros do actual territorio asturiano dátanse a partir do século IV a. C.
Castros mais preto de nós:
Temos numerosos exemplo dentro da nosa xeografía, pero os mostro aquí, tres deles, que se poden ver nas fotografías : o primeiro localizámolo en "Valdoviño", nunha das puntas da famosa praia de "A Frouxeira", preto de Ferrol, na provincia da Coruña. Logo temos o caso de todos coñecidos do castro de "Baroña", en Porto do Son, na mesma provincia. Por último, o castro de "Fazouro", próximo a Foz e Burela, na provincia de Lugo.
| castro de Valdoviño |
![]() |
| Castro de A Frouxeira |
| Castro de Baroña |
| Castro de Fazouro |

No hay comentarios:
Publicar un comentario