Nunca se sabe que vai pasar mañá nin en 10 anos e moito menos en 30 anos, pero se podemos predicir acontecementos que poden pasar por medios de estudos científicos aínda que non serían teorías realmente certas.
Cando sexa 2046 eu terei corenta e oito anos, a miña vida cambiaría tanto como a contorna que me rodee, así como un posible aumento do quecemento global.
Os meus plans nun futuro tan afastado como o 2046 será realizar todos os meus propósitos que teño en mente, así como viaxar, ter fillos ou un bo traballo, espero que nese ano non seguir vivindo en Galicia, non porque me tratará mal este lugar nin moito menos xa que practicamente toda a miña vida e os meus recordos quedan por lugares de Galicia pero sobre todo aquí en Ferrol, pero una das cousas que fai irme de Galicia é o clima xa que non me gusta aínda que á fin e ao cabo acabeime afacendo ,espero irme a un sitio onde o clima sexa mais caloroso así como o lugar onde nacín en Ecuador, gustaríame pasar alí o resto da miña vida ata o día que me morra.
Por outra banda seguro que acabarei visitando o lugar onde crecín , virei visitar a amigos que preferiron quedar aquí mesmo a algúns familiares que igual seguen aquí ou emigraron a Ecuador.
Dentro de 30 anos imaxínome a unha Galicia diferente, onde a tecnoloxía cambiaría demasiado e polo que fará cambiar á poboación galega a xente estará máis influída pola tecnoloxía, gustaríame saber como sera a situación económica xa que talvez máis adiante crearán maquinas que realizarán o traballo doutras persoas, por outra banda tamén me imaxino que haberá cura para aquelas enfermidades que a día de hoxe non existe medicamento que a cure así como o cancro, pero igual aparecerán mais enfermidades diferentes que terán que buscar o medicamento final, así como tantas cousas gustaríame saber que pasará pero que só me podo imaxinar, pero o que non me gustaría que cambie de Galicia é a súa paisaxe verde e que a xente que viva nun futuro sáibao coidar mellor que nós o facemos.
